Deseño Gráfico en Galicia
A través de servizos de deseño gráfico en Galicia axudo a empresas a crear unha identidade visual impactante e efectiva, é dicir, que toda a súa COMUNICACIÓN teña COHERENCIA VISUAL e que a marca permaneza na mente dos clientes.
A miña forma de traballo -metodoloxía- segue un enfoque personalizado e humano que facilita tanto a comunicación entre ti e eu (empresa e deseñador) como que cada proxecto reflicta a esencia da súa marca.


Os Meus Servizos de Deseño Gráfico
Tras anos de experiencia no sector e un profundo coñecemento do mercado galego, ofrezo solucións de deseño gráfico que se adaptan ás necesidades específicas do teu negocio.
Obviamente non podo facer de todo e o máis importante, non quero ser deses restaurantes cunha carta de comida inmensa.. porque quen moito abarca … O que quero que saibas é que hai deseño gráfico e creatividade en moitas máis cousas das que imaxinas e que se coidas a túa marca poderás atraer a novos clientes, fidelizar os que xa tes, posicionarte mellor ou ser un referente e o mellor de todo, permanecer na mente dos usuarios.
O meu obxectivo é que os bos negocios, as boas ideas saian á luz e sexan sostibles no tempo ademais de sentirse apoiados, guiados, ¡formar equipo!
Servizos de Deseño Gráfico
Marca Consciente
Branding = Marca Consciente ¡Con cabeciña! Tendo en conta aspectos estéticos e emocionais, como sensacións, empatía e crenzas. Revisaremos as bases do teu negocio, filosofía e valores, e crearemos unha marca que te represente e exprese a esencia do teu negocio. Inclúe deseño de logotipo como parte da túa identidade visual.
Comunicación Visual
Axudo a identificar o teu público e os medios axeitados para comunicarte. O meu obxectivo é que saibas adaptarte a calquera canle de comunicación, xa sexa redes sociais, páxina web ou carteis, combinando estratexia e deseño.
Asesoría
Un dos meus servizos son as asesorías de 90 minutos para revisar e mellorar o teu negocio cando precisas alguén que te guíe, outra opinión, aire fresco ou algo relacionado co teu negocio, marca, deseño…
Apoio a Proxectos
Podote acompañar mensualmente, revisando as túas comunicacións, dúbidas, evolución do negocio, accións para conseguir atraer a máis clientes ou posicionarte como referente. Imos da man, recuperando o contacto humano e co-creando para obter claridade, confianza e unha mellor comunicación.
Casos de Éxito en Galicia
Descubre algúns dos meus proxectos máis destacados e como axudei a outras empresas a mellorar a súa imaxe de marca en Galicia.


















