“Creo que un deseñador debe adaptarse aos diferentes proxectos sen perder a súa esencia”
E a miña esencia está no como, no proceso.
Delicias Roasters
O primeiro microtostador de Lugo, aquí en Ribadeo
Delicias xa tiña un logo, pero só iso, un logotipo. Non tiña unha marca, polo tanto non tiña cores, formas, tipografías…
Pór todo a punto foi un traballo dun ano, onde codo con codo, tras moitas visitas á cafetería, tras empaparme no café de especialidade creamos a marca e moitas das súas aplicacións: carta de bebida e comida, carta de orixes, redes sociais, packaging dos seus cafés para venda, web … ademais de formar parte do equipo durante ese tempo como apoio a novas ideas, ¿Como comunicarnos mellor cos nosos clientes? ¿Como facer que saiban que vendemos café e o valor do café de especialidade?
PACKAGING | REDES SOCIAIS | COMUNICACIÓN VISUAL OFFLINE | DESEÑO WEB





Las Flores de Ananda
Terapias naturais para animais. Falemos de zoofarma
Cando Elena de Las Flores de Ananda me escribiu, tiña claro que o seu logotipo actual e as súas redes non a representaban. Tras o redeseño da súa marca, comezamos a deseñar os seus produtos e servizos, a buscar a forma de mostralos ao mundo, a darlle forma ás redes sociais, á súa comunicación, procesos, organización e así seguimos hoxe en día: evolucionando a marca, buscando novas solucións, novas formas de atraer ao público que nos interesa e concienciar sobre o benestar animal desde un punto de vista natural.
BRANDING | REDES SOCIAIS | PRODUTO | ACOMPAÑAMENTO







Ayuntamiento de Allande y Allande Stars
Turismo de estrellas en Allande, un evento innovador en lo rural
Hai eventos que necesitan unha gráfica propia, disociada de calquera marca xa que non vai unida a unha en concreto se non a un grupo delas.
A iniciativa Allande Stars xunto co Concello de Allande e a colaboración da Fundación Starlight entre outros, decidiron diferenciarse de outros eventos potenciando a imaxe gráfica.
Tras comprender o valor que isto supón para o territorio, desenvolvín a gráfica do evento, adaptándoa a diferentes soportes como cartelería, invitacións de acceso e a súa comunicación en redes sociais.
DISEÑO GRÁFICA EVENTO | COMUNICACIÓN ONLINE Y OFFLINE




Só un click
Se tes un proxecto en mente, unha idea ou simplemente queres saudar, escríbeme e falamos.