O resultado valórase máis, cando gozas o camiño
Hai moitas cousas nas que podería axudarte e todo ten un nexo en común: comunicar de forma visual e honrada.
Tamén che digo, hai millóns de deseñadores e o máis importante é que busques QUEN CONECTA CONTIGO!
Se che ecoan estas palabras, segue lendo.

Os meus servizos
Estes son os meus servizos

1. Deseño de marca
Revisaremos as bases do teu negocio, a túa filosofía, os teus valores e logo buscaremos como representalos: cores, tipografías, formas e claro que si! o famoso logotipo.

2. Comunicación visual, redes sociais, deseño web
Deseño e estratexia únense para dar o seguinte paso: comunicar. E como o facemos? Mediante redes sociais ou o deseño web.

3. Asesorías ou acompañamento
Cando necesitas solucionar dúbidas de deseño, comunicación, negocio, ter un punto de vista externo e especializado ou queres alguén que te guíe e acompañe no camiño.
Hai máis persoas que senten o mesmo que ti
Poida que estas frases ecoen contigo
Quero que as miñas redes sociais ou web estean acorde á miña marca
Necesito ter presenza online pero non sei por onde empezar
Quero aprender a levar as miñas redes sociais
Síntome soa/ou no meu negocio, necesito apoio
Necesito alguén que me de claridade e foco
Se algo de esto chamou a túa atención ...
Mira a miña Instagram, le as recensións de Google, revisa a fondo esta páxina ou simplemente escríbeme e axenda un café comigo. Así saberemos se che podo axudar e se realmente hai feeling.
